A vida dentro do fogar
A vida dentro do fogar
<< Que Ofrecemos

 

No referido á vida dentro do fogar ofrécese un ambiente con materiais nobres, non recargado en estímulos e que permite o movemento libre.

A CASA NIÑO O BICARELO configúrase como un mundo alegre, cheo de oportunidades e experiencias, onde os infantes se desenvolven ao seu ritmo e de maneira libre.


O ambiente está deseñado para fomentar a autonomía, xa que os materiais están distribuídos por áreas e, as nenas e nenos, son libres na selección do material co que queren interactuar. O espazo busca ser completo e adecuado, onde todo aparece ordenado, disposto de tal xeito que lles axuda coa súa orde interna.


Tódolos espazos están deseñados e distribuídos con intención educativa, o que

posibilita atender ás necesidades de movemento, afecto, xogo, exploración, comunicación e descanso.


En síntese, a finalidade da organización do ambiente é crear un espazo onde se sintan felices, onde todo estea adaptado ás súas posibilidades e grao de desenvolvemento. O ambiente conta con certas características como mobiliario adaptado aos infantes, ambiente que pretende simular a vida do fogar, beleza, para desenvolver o sentido da estética e tamén un clima de tranquilidade que invita á harmonía e ofrece sensación de paz.