Fogar de nenos en O Bicarelo
Que ofrecemos?
Casa do Neno ou Bicarelo
Casa Niño O Bicarelo é o meu proxecto nai de día en Seoane, unha pequena aldea do concello de Manzaneda (Ourense, Galicia). Son Iria, unha mestra apaixonada pola infancia con formación en educación infantil e primaria.
Creo na educación personalizada, onde cada neno se sente valorado e coidado nun ambiente rural que fomenta a tranquilidade e a conexión coa natureza e a comunidade. O meu enfoque céntrase no coidado respectuoso que promove o desenvolvemento emocional dos nenos, preparándoos para un futuro mellor.
O que pensan as nosas familias
Nerea, a sogra de Ian
A nosa experiencia foi moi boa tanto que, Ian, dous anos despois, aínda nomea ó Bicarelo e a Iria. Ela ten un don especial para tratar ós máis pequenos. Sen dúbida, repetiría.
Vini e Roberto, nai e pai de Uxía
A nosa experiencia no Bicarelo foi inolvidable. O trato de Iria cos nenos , incluída a miña, foi moi agradable e, sobre todo, cunha aprendizaxe marabillosa. Uxía non se olvidará xamais do noso Bicarelo, das saídas, de facer o pan, todo iso foi incrible.
Nerea e David, nai e pai de Marco e Maia
O Bicarelo é un lugar único, situado nun entorno natural do que disfrutan a diario e co que experimentan as sensacións que lles proporcionan os distintos elementos naturais que forman a paisaxe. Resulta un ambiente acolledor dende o minuto un, grazas ó espazo coidado e preparado con moito mimo, así como polo bon facer de Iria cos nenos e nenas. Grazas a súa empatía, dozura e sensibilidade cara ós nenos e nenas, non se me ocorre mellor lugar no que os meus fillos poidan crecer mentres os seus papás non podemos estar con eles.
Verena e Marcos, nai e pai de Lucas e Amaro
Como nai de dous nenos que foron ó Bicarelo, un deles con condición autista, o único que podo dicir é que o entorno no cal se econtra é inigualable. Admiro que ofreza unha atención respectuosa e adecuada ó ritmo dos nenos, pero para min o realmente importante é a familiaridade que ofrece, dando resposta ás necesidades de cada un de modo individualizado.
Consideramos tamén moi importante a forma que ten a familia de Iria de involucrarse no proxecto, xa que isto consegue que os nenos se sintan moi arroupados ,de tal maneira, que non entenden o Bicarelo como unha escola infantil, senón como a casa dunha persoa familiar, o cal para nós, as familias, aporta unha sensación de gran confianza e tranquilidade.
Iria permite a liberdade de xogo para que desenvolvan todas as súas capacidades, posúe un entorno natural impresionante, o cal para nós foi un punto a favor, xa que as investigacións avalan a importancia que ten o contacto dos nenos coa natureza, sobre todo no caso de nenos con TEA.
Sentímonos afortunados de contar cun proxecto como este ó pé da casa. Nós levamos ós nosos fillos, non por non ter quen nolos coidara, levámolos porque consideramos que era unha experiencia que debían vivir.
Mirian e Jose, a nai e o pai de Martín
Con moita dedicación, paixón e desvelo fai que as crianzas atopen paz, entretemento e aprendizaxe. Por moitos anos máis de Bicarelo na vida de Manzaneda!
Ana e Fernando, a nai e o pai de César
Contorna privilexiada, paseos polos soutos de castiñeiros. Diversidade de ideas para traballar cos cativos, fomento da creatividade e da imaxinación, grupo reducido, moi familiar.
Temos moi boas lembranzas, longa vida oh Bicarelo.
Sofía e Ito, a nai e o pai de Paula
Os nenos do Bicarelo son tratados como un membro máis da familia de Iria e aprenden verdadeiras marabillas da vida, tanto no xogo interior, pero sobre todo no exterior, con diferentes tactos, cores e sons da natureza.
Rebeca e Adrián, a nai e o pai de Adriana
O Bicarelo, un nombre que non imos olvidar nunca! Un lugar moi especial onde os nenos se sinten como na casa, moi acolledor e metido en plena natureza! E por suposto Iria é como unha segunda nai para os nenos que a queren con loucura, super encantadora.
María, filla de Eric
O meu fillo estuvo no Bicarelo con Iria unha temporada e pasouno pipa! O entorno e maravilloso, saen moito o exterior a experimentar.A atención de Iria e super profesional.Recomendo a todos/as que leven os seus peques o Bicarelo,e un luxo que un pobo tan pequeno como Manzaneda poda contar con esto.
Raquel e Diego, a nai e o pai de Martina
O Bicarelo é a mellor opción que puidemos escoller para que as nosas pequenas pasen parte da infancia.Unha dinámica de traballo que nos encanta aproveitando os recursos do rural. Moi familiar, estamos encantados!
Eva e Javi, a nai e o pai de Carmen
Atención personalizada, respectando o ritmo dos cativos e vixilancia respectuosa.
Un ambiente onde os nenos e nenas sintense seguros para experimentar e desenrolar o sua autonomía e creatividade a través dunha aprendizaxe vivencial e activa.
Iria está en todo momento pensando en distintas actividades e ambientes adaptados os intereses e ritmos das nenas. Ademáis de estar pendiente de todos os cambios que van tendo e buscando alternativas para poder xestionalos da maneira mais respetuosa posible.
Todo isto, sen esquecer o entorno natural do que gozan, explorando e desfrutando de todo o que a natureza lles ofrece.
Zule e Adrián, nai e pai de Inés e María
Tuvemos unha sorte increíble de poder disfrutar catro anos, rodeados de natureza,as súper actividades que se curra a profe,e os veciños que os rodean son unha maravilla e sen olvidarnos da súper familia que ten Iria que son TODOS uns soles,que se integran tanto que fan dos nen@s uns máis da sua familia.E Iria a profe ten unha paciencia inmensa,ojalá tod@s traballaran así.
Sandra, a nai de Adriana.
Bueno a nosa experiencia no Bicarelo pois foi maravillosa. Adriana aínda recorda por donde ìa o bicarelo e recordase moito dos seus amigos que fixo ali, do firulais do nes e sobre todo da Iria! Hai poucos dias pasamos cerca e dixo: como me gustaba o bicarelo! Cando me levas outra vez mami?
Cualificaría esta experiencia como única.
Teté e Suso, nai e pai de Inés.
A nosa experiencia sobre o Bicarelo está sendo muy bonita, desde o minuto cero a miña filla está encantada, Iria ten un don para os cativos e eso e o mais bonito❤️, aparte de moita moita paciencia. En tema aprendizaxe tamen nos gusta moitísimo, podo decir que todo en xeral desde a mais mínima cousa e bo, e o que todos os nenos deberían de ter nesta etapa, algo tan maravilloso como o Bicarelo😊. Nos solo podemos decir que grazas por todo.
Marta e Roberto, a nai e o pai de Rosalía
Para nós ir ó Bicarelo era como estar na casa, como se a nosa filla estivese coa familia. Rosalía sempre di que o que máis lle gustaba de ir ó Bicarelo era saír ó paseo e durmir na camiña azul.
Raquel e Rubén, nai e pai de Xoán e Sarela
Na nosa casa tivemos a sorte de que os dous puideron desfrutar de estar no Bicarelo: xogar na natureza nun entorno familiar e cunha compañeira que os guiou que non podía ser mellor,aprenderon do cotián e sempre deixándonos un oquiño ós pais, que nestas idades tanto se agradece!! Non podemos decir nada malo da nosa experiencia.
Onde estamos?
Contacta connosco
Déixanos unha mensaxe coa túa consulta
e darémosche unha resposta o máis rápido posible.