Quen Son

A CASA NIÑO O BICARELO é o meu proxecto de nai de día en Seoane, unha pequena aldea no concello de Manzaneda (Ourense, Galiza).


Son Iria, unha mestra namorada da infancia que valora cada día a oportunidade de poder acompañar ás nenas e nenos nunha das etapas máis relevantes da súa vida. Son graduada en educación infantil, diplomada en educación primaria e técnica superior en educación infantil.


Considérome unha persoa vital, coa enerxía precisa para acompañar aos infantes nos seus descubrimentos diarios. Valoro moito a formación continua, teño presente que unha educadora nunca deixa de aprender e, polo tanto, manifesto estar moi vinculada co movemento de renovación pedagóxica.


Sinto afortunada de desenvolver este proxecto no ámbito rural, xa que a vida sosegada, a natureza e o contacto coa comunidade, son aspectos vitais para unha crianza feliz.


Un dos motores que me guían é a idea de que as nenas e nenos de hoxe serán os adultos de mañá e, polo tanto, son unha clara defensora de que unha atención respectuosa na primeira infancia incidirá positivamente no futuro, creando unha sociedade mellor e persoas máis saudables desde o punto de vista emocional.

Quen Son